O Busaco ofrece servizos editoriais integrais, grazas a un cadro de persoal composto por especialistas nas diferentes áreas do proceso de creación dun libro: redacción e preparación de orixinais, deseño, maquetación e corrección. Podemos intervir en calquera fase do proceso editorial, dándolles resposta ás necesidades que o proceso editorial lles pode presentar aos nosos clientes.
Servizos:
• Coordinación e execución de proxectos editoriais completos ou intervención en etapas puntuais do proceso
• Revisión e preparación de orixinais
• Elaboración de informes de lectura
• Dixitalización de obras
• Deseño e maquetación
• Retoque fotográfico e preparación de imaxes
• Busca da imprenta máis acaída ao proxecto